O EXM sitúa a Radio Galega como a emisora que máis sobe en audiencia en Galicia
O EXM sitúa a Radio Galega como a emisora que máis sobe en audiencia en Galicia
Alcanza os 184.000 oíntes de luns a venres, un incremento de 68.000 oíntes con respecto á onda do pasado mes de xullo
A emisora musical Radio Galega Música acada os 70.000 oíntes de luns a venres
A Radio Galega é a emisora de radio que máis sobe en audiencia en Galicia ata alcanzar os 184.000 oíntes de luns a venres, segundo a terceira onda do Estudo Xeral de Medios de 2021, coñecida este xoves. Isto supón un incremento de 68.000 oíntes con respecto á onda do pasado mes de xullo.
A emisora musical Radio Galega Música acada os 70.000 oíntes de luns a venres, o que e os 61.000 de luns a domingo, o que significa subas de ata 43.000 oíntes con respecto á segunda onda de 2021. Son Galicia Radio acada 3.000 oíntes no conxunto da semana.
O grupo das emisoras de radio da Corporación Radio Televisión de Galicia acadan os 247.000 oíntes de luns a venres e os 216.000 de luns a domingo nesta terceira onda do 2021. Con respecto á anterior, supón 82.000 novos ouvintes no conxunto da semana.