O expediente de regulación de emprego de Telefónica afectaría máis de 300 traballadores en Galicia
O expediente de regulación de emprego de Telefónica afectaría máis de 300 traballadores en Galicia
No conxunto de España o ERE impactará nun total de 5.100 traballadores
A Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, adianta que se reunirá coa empresa e os sindicatos
A compañía fala de causas organizativas para un proceso que afectaría un terzo do seu cadro de persoal. UXT e Comisións Obreiras din que non apoiarán o ERE se non mellora o convenio colectivo e se reduce o número de afectados.
En Galicia hai arredor de 600 traballadores, a maioría, 321, na Coruña, seguida de Pontevedra, con algo máis de 160, e 44 en Lugo e tamén en Ourense. Deles, máis da metade estarían afectados polo ERE.
Ábrense catro mesas de negociación, unha a do convenio colectivo e as outras tres por cada unha das empresas filiais nas que se vai aplicar o expediente de regulación de emprego. Desde o Goberno central, a ministra de Traballo afirma que se reunirá coa empresa e os sindicatos.
Conformadas as mesas de negociación, ábrese o prazo dun mes para resolver as condicións definitivas e o número concreto de traballadores que se verán afectados.