Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril perde malia intentalo ata o final (0-1)

O Fabril perde malia intentalo ata o final (0-1)

O filial branco e azul loitou e rozou o empate cunha grande ocasión no engadido

O gol de Mario Rivas no minuto 25 chegou para que o Real Ávila levara os tres puntos

G24.gal 31/08/2024 20:34

O Fabril comezou con mal pé a nova tempada da Segunda Federación. Non por xogo, pero si polo resultado. O filial branco e azul loitou ata o final pero non foi suficiente. Un solitario gol de Mario Rivas no minuto 25, que tocou en Óscar Marotías e colleu a Alberto no chan, chegoulle ao Real Ávila.

O partido comezou parello malia a que os estilos de xogo eran moi diferentes. Mentres o Fabril optaba por ter máis balón e tecer con pausa as xogadas, o Real Ávila corría e buscaba o gol con transicións rápidas a poucos toques. Así chegou o gol, nun balón chovido que domou Safrai, que llo cedeu a Mario Rivas. Este tirou e a sorte fixo o resto. Tocou en Óscar Marotías e a traxectoria cambiou, cun Alberto que xa estaba tirado no verde.

Pero o Fabril non baixou os brazos, tirou máis a porta e foi superior na segunda metade. Porén, nos minutos finais, unha falta escorada dos asturianos case se converte na sentenza. Pero esta vez, o balón non tocou en ningún defensor e Alberto voou para salvar os seus.

Xa no engadido, o Fabril case empata. Falta afastada que colgan na área, pase de cabeza e semivolea de Álex Alfaro que sacou De Pablo coas pernas. Co asubío final, os canteiráns brancos e azuis levaron as mans á cabeza. Levaron a iniciativa, pero o fútbol é así, e os tres puntos marcharon para Ávila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar