O feminismo galego sae á rúa para reclamar un futuro libre de violencias machistas
O feminismo galego sae á rúa para reclamar un futuro libre de violencias machistas
Milleiros de galegos manifestáronse neste 25-N nas principais cidades e vilas galegas
O feminismo galego saíu á rúa para reclamar un futuro libre de violencias machistas. Milleiros de persoas participaron en manifestacións e concentracións por toda Galicia con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Estaban convocadas por distintas asociacións e plataformas feministas, pero cunha mensaxe de fondo común: alertar e loitar contra todo tipo de violencias machistas, e erradicar o sistema patriarcal que as alimenta.
Os lemas incidían en que son violencia machista os asasinatos, pero tamén as violacións, o control abusivo, a fenda laboral ou a violencia vicaria.
Cada día chegan aos xulgados galegos 17 denuncias por violencia de xénero. 4.200 mulleres viven con ordes de protección en Galicia. E moitos casos aínda non se denuncian. Motivos polos que seguir manifestándose.