Cargando resultados...
O festival Cineuropa regresa sen restricións de ocupación e con máis de 160 películas
O festival Cineuropa regresa sen restricións de ocupación e con máis de 160 películas
Nesta edición número 35 regresa como festival competitivo a través da sección Novas/os creadores
Entrada a Cineuropa na xornada inaugural
Beatriz Moyano
08/11/2021 21:24
Comezou Cineuropa 2021. O festival de cine internacional é un dos clásicos do outono compostelán e nesta edición número 35 regresa como festival competitivo, a través da sección Novas/os creadores.
Desde hoxe e ata o 24 de novembro máis de 160 películas de todo o mundo ofreceranse para deleite do público compostelán. Nesta primeira xornada, xa sen restricións de ocupación, o festival volve con forza e o público con moitas ganas.