O fiscal pide prisión permanente revisable para a nai da pequena Carolina
O fiscal pide prisión permanente revisable para a nai da pequena Carolina
Considera que a nai planeou o asasinato da súa filla con aleivosía
O escrito de acusación di que a matou como "último acto posesivo" antes do suicidio
O Ministerio Fiscal pide prisión permanente revisable para a nai da nena Carolina acusándoa dun delito de asasinato. A pequena, de cinco anos, morreu o 23 de xaneiro de 2020 nun hotel de Logroño.
A súa nai está acusada dun delito de asasinato con aleivosía, ao tratarse dunha persoa especialmente vulnerable pola súa idade, e piden para ela prisión permanente revisable.
No escrito de acusación, o fiscal considera que a nai da nena planeou o seu asasinato como "último acto posesivo" antes do suicidio.
Tamén relata que o fixo xunto á avoa da nena porque a idea era matarse as dúas. Finalmente só se suicidou ela.