Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fiscal xeral agarda "tranquilo" pola decisión do Supremo sobre a súa posible imputación

O fiscal xeral agarda "tranquilo" pola decisión do Supremo sobre a súa posible imputación

Álvaro García Ortiz acudiu este venres á toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Ferrol 

G24.gal 13/09/2024 14:46

O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, di que espera "tranquilo" pola decisión do Tribunal Supremo sobre se o imputa ou non, por suposta revelación de segredos no caso que investiga a parella da presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso.

"Hai que deixar que os tribunais resolvan, pero podo asegurar que estou absolutamente tranquilo e creo que a institución sairá reforzada de todo isto", aseguroulles aos xornalistas antes de participar na toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade