Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Foro Económico ve factible un crecemento do PIB galego por riba do 2 % este ano

O Foro Económico ve factible un crecemento do PIB galego por riba do 2 % este ano

Destacan que o consumo dos fogares e das administracións públicas son clave no crecemento

G24.gal 01/04/2024 14:59

A economía galega experimentou unha desaceleración en 2023 ao rexistrar un crecemento do 1,8 %. Esta cifra é sete décimas inferior á media española, pero supera á da zona euro, segundo o Informe presentado polo Foro Económico de Galicia.

Os expertos destacan que o consumo dos fogares e das administracións públicas son clave no crecemento do PIB galego e pon de relevo o crecemento das exportacións galegas. Por sectores, ven fortes á industria e os servizos galegos e constatan un retroceso das actividades relacionadas co agro e a pesca.

Canto ás perspectivas de futuro, o director do Foro ve "factible, crible e razoable" que o PIB galego supere o 2 %. 

"Se nos comparamos co entorno europeo é unha cifra moi boa: Galicia está nestes momentos entre as rexións europeas que máis están medrando. Poñer enriba da mesa un crecemento do 2 % para a economía española ou para a galega é perfectamente factible", apuntou Santiago Lago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade