Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os docentes de francés buscan estar ao mesmo nivel que o inglés entre o alumnado galego

Os docentes de francés buscan estar ao mesmo nivel que o inglés entre o alumnado galego

75.000 persoas estúdano actualmente en Galicia 

G24.gal 04/03/2022 21:08

Colocar o francés como primeira lingua enxalzando as vantaxes da interculturalidade e o plurilingüismo é o reto dos profesores dese idioma, reunidos nas Xornadas Pedagóxicas inauguradas esta tarde en Santiago.

É a lingua oficial en 32 países e fálano 120 millóns de persoas en todo o mundo. Máis de 75.000 estúdano actualmente en Galicia. Moitos son alumnos do sistema de educación que o escollen como segunda lingua tras o inglés.

Así que os profesores de francés teñen moi claro o seu reto, como conta Mercedes Legazpi, presidenta da Asociación de Profesores de Francés en Galicia.

"Que fose non segunda lingua senón primeira, que é difícil porque o inglés cólleo todo"

Os profesores queren que os alumnos comprendan a súa importancia real. No eido empresarial internacional, o francés é o terceiro idioma máis usado e o cuarto en Internet. Ademais, o plurilingüismo é xa un factor determinante nun currículo.

Estratexia Bilingüe 20-30

Galicia acaba de poñer en marcha a estratexia Bilingüe 20-30 de promoción das linguas que busca implantar o maior número posible de bacharelatos internacionais, tamén en francés.

"A implantación do BachiBac, a dobre titulación de bacharelato español e de Francia ao tempo, os alumnos que rematen este bacharelato por cursaren materias do bacharelato francés terán a titulación do francés. Iso vailles abrir portas sen dúbida para a súa empregabilidade" explícanos José Luis Mira, Secretario xeral de Educación e FP da Xunta.

Actualmente o BachiBac só está implantado no Instituto de Secundaria Neira Vilas de Oleiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade