O Fuciño do Porco reabrirá no verán grazas a un acceso provisional
O Fuciño do Porco reabrirá no verán grazas a un acceso provisional
A paraxe natural nos cantís do Vicedo permanece pechada ao público polos danos que sufriu cos temporais do pasado inverno
Unha vez remate a tempada alta, está previsto que comecen as obras para construír unha pasarela como acceso definitivo
Todos os días chegan turistas que non saben que O Fuciño do Porco leva meses pechado. Os temporais do inverno provocaron derrubas que fan moi perigoso o paso. Por iso agora vaise habilitar un acceso provisional.
A Xunta vai complementar esta actuación co acondicionamento dos sendeiros e traballos de conservación. No Vicedo, boa acollida a unhas actuacións que ven vitais para conservar a afluencia de turistas.
De feito, só durante os meses de xullo e agosto O Fuciño do Porco recibiu o pasado verán preto de 50.000 visitantes. Unha vez remate a tempada alta, está previsto que comecen as obras para construír unha pasarela como acceso definitivo.