Publicador de contidos
Publicador de contidos

O funcionariado de Xustiza asegura non entender por que o Ministerio prefire folga indefinida a ofrecerlles propostas

O funcionariado de Xustiza asegura non entender por que o Ministerio prefire folga indefinida a ofrecerlles propostas

O Sindicato de Traballadores de Administración de Xustiza cuestiona que haxa acordo "cos colectivos que máis cobran" e non haxa vontade para o funcionariado

O Consello da Avogacía Galega expresa a súa preocupación polo eventual impacto da folga indefinida do funcionariado 

G24.gal 20/05/2023 09:18 Última actualización 20/05/2023 09:55

Responsables do Sindicato de Traballadores de Administración de Xustiza e do Consello da Avogacía Galega expresaron en senllas entrevistas na Radio Galega as súas opinións ante o comezo o luns 22 de maio dunha folga indefinida por parte do funcionariado de Xustiza.  Roberto Fariña, delegado do Sindicato de Traballadores de Administración de Xustiza, explicou que ao final van ao paro indefinido porque o Ministerio non lles fixo ata o momento ningunha "proposta económica". De aí que Fariña sosteña que "non ten sentido" que haxa máis reunións. Segundo explicou, "non entendemos como se acorda cos colectivos que máis cobran -en alusión aos xuíces e fiscais- "mentres que para o 80 por cento do cadro de persoal "non hai vontade". Segundo Fariña, "non temos constancia de que queiran solucionar o apartado económico". 

"Nós non temos constancia de que queiran solucionar o apartado económico. Na última reunión que foi xa hai varias semanas, onde se fixeron os avances foi na Lei orgánica de eficiencia organizativa, o que para nós é fundamental que é un dos piares desta folga. Pero entendemos que se se reparten 46 millóns e 22 millóns para letrados algo terá que haber para os traballadores que son os que realizan o traballo diario". 

Dende o Consello da Avogacía Galega, a súa presidenta Lourdes Carballo, expresaba a súa preocupación polo eventual impacto da folga indefinida do funcionariado. Carballo recoñece que os paros parciais que o funcionariado de xustiza mantén dende abril non teñen a mesma "repercusión" en Galicia que noutras comunidades. Non obstante si fala de preocupación tanto polo "dano á cidadanía" como ao "traballo" dos profesionais da avogacía. 

"Preocupados polo que anuncian tamén os xuíces, porque unha folga tras outra e máis tras unha pandemia, fainos moitísimo dano. Nós vivimos do funcionamento da Administración de Xustiza". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade