Publicador de contidos
Publicador de contidos

O furacán Ian está golpeando Florida con efectos devastadores

O furacán Ian está golpeando Florida con efectos devastadores

Entrou con ventos de ata 240 quilómetros hora, risco de inundacións e grandes mareas

Nalgunhas zonas a auga subiu ata cinco metros por riba do seu nivel habitual

G24.gal 29/09/2022 08:09

É un dos furacáns máis intensos dos últimos anos. "Extremadamente perigoso", segundo as autoridades dos Estados Unidos. Entrou polo sur da Florida rozando a categoría 5 de risco, que é a máxima. E esta noite atravesou o centro, xa máis debilitado. 

O incremento do nivel do mar é o que máis preocupa. Hai rúas completamente inundadas, e as autoridades ordenaron o toque de recollida en moitas localidades e recomendaron aos cidadáns que se refuxien e se protexan nas partes máis altas das súas vivendas.

O furacán deixou tamén a imaxe contraria. A baía de Tampa, sen auga pola forza dos ventos, como unha marea á inversa. O gobernador da Florida pedía a máxima precaución. Ata o momento non se confirmaron vítimas mortais, pero nas illas do sur da Florida buscan unha vintena de cubanos que ían a bordo dunha embarcación que naufragou pola forte ondada. Sete deles foron rescatados. 

En toda A Florida hai máis dun millón de persoas sen servizo eléctrico. Igual que pasou en Cuba, onde toda a illa quedou sen luz, moitas casas tamén sen agua e aínda tratan de recuperarse tras o paso do furacán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade