Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas eólicas analizan os proxectos actuais para a implantación de parques en Galicia

Empresas eólicas analizan os proxectos actuais para a implantación de parques en Galicia

Ferrol acolleu este martes unha reunión da Galician Offshore Energy Group

Galicia é líder mundial en eólica mariña
G24.gal 23/07/2024 15:13 Última actualización 23/07/2024 15:22

Na reunión do sector eólico galego celebrada este martes en Ferrol analizáronse os proxectos actuais, os retos e oportunidades aos que se enfrontan nos vindeiros anos. Neste momento traballan na industria do metal e das tecnoloxías asociadas unhas 3.000 persoas, pero poden chegar a 10.000 cando empece a construción dos parques.


"Poderiamos involucrar máis de 200 empresas de xeito directo, pero, obviamente, esas empresas teñen que apostar por meterse neste sector nun momento que hai que recoñecer que no sector industrial galego hai moitísima actividade", indica Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME

Galicia é líder mundial en eólica mariña e Navantia, a empresa tractora. Leva anos fabricando plataformas a nivel mundial con 1.500 persoas traballando.

"O futuro que agardamos nos vindeiros anos vai requirir aínda máis postos de traballo. Son proxectos de maiores envergaduras e os nosos clientes cada vez queren uns tempos menores", apunta Carla Chawla, xefa de proxectos en Navantia

A falta de man de obra cualificada é o principal escollo ao que se enfrontan as empresas do metal.

 "Cada vez nos custa máis captar. Estamos intentando lanzar proxectos, ASIME estanos axudando con formacións, con captación de persoal para ser quen de pouco a pouco ir suplindo a remuda xeracional que estamos sufrindo as empresas", explica Rubén García, director xeral do Grupo Ganaín

"Os perfís que máis se demandan son perfís de armadores o que é caldeirería en xeral e soldadores de diferentes cualificacións. Tamén, por suposto, pintores, ensaios non destrutivos, control dimensional", continúa Carla

Se se cumpren os prazos a finais deste ano, estes proxectos empezarán a ver a luz e tardarán entre 3 e 4 anos en materializarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade