Cargando resultados...
O galeón Andalucía abre as súas cubertas de balde na Coruña
O galeón Andalucía abre as súas cubertas de balde na Coruña
Poderá visitarse ata o domingo no peirao de transatlánticos
G24.gal
19/05/2022 14:23
O galeón Andalucía visita estes días A Coruña. É unha réplica fiel dos galeóns españois que durante os séculos XVI e XVII surcaron o Atlántico, navegaron polo Caribe e cubriron a inmensa ruta do Pacífico.
É amais un auténtico museo flotante que poderá visitarse de balde ata o próximo domingo. O público poderá percorrer as súas cubertas, seis, e coñecer os seus detalles e a súa navegación.
A bardo do galeón Andalucía, un importante navío de 55 metros de eslora e case mil metros cadrados de superficie, retrocédese ao ano 1525. A propia historia do navío e as anécdotas deixan abraiados os visitantes.