Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña de verán de seguridade náutica pon o foco na prevención para evitar accidentes

A campaña de verán de seguridade náutica pon o foco na prevención para evitar accidentes

As actividades náuticas concentran case a metade dos accidentes atendidos durante o verán

G24.gal 12/06/2024 14:45

En Galicia os servizos de emerxencia atenderon 187 persoas durante o pasado verán; delas, 76 en embarcacións de recreo e o resto en actividades relacionadas co mar. Os equipos de salvamento advirten da importancia de avisar canto antes os equipos de salvamento e sobre todo empregar o medio adecuado. 

No verán a náutica de recreo concentra o 48 por cento das emerxencias. Para reducir estas cifras ponse en marcha unha campaña cunha serie de recomendacións para evitar riscos. 

Baixo o lema "Unha alerta a tempo é teu mellor salvavidas", a campaña ten como obxectivo concienciar os navegantes nun momento en que o sector náutico está en auxe.

Baiona foi o lugar elixido para a presentación da campaña a nivel nacional que se difundirá desde o quince de xuño ata o final do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar