O Goberno aproba axudas para paliar os efectos da seca de 2.190 millóns
O Goberno aproba axudas para paliar os efectos da seca de 2.190 millóns
Inclúen novas infraestruturas hidráulicas e axudas directas ao sector primario
Saíron aprobadas no Consello de Ministros extraordinario deste xoves
O Consello de Ministros aprobou este xoves un paquete de axudas para paliar os efectos da seca que supera os 2.000 millóns, 636 millóns para o sector agrario, segundo confirmou tras a reunión extraordinaria o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.
O impacto económico das dez medidas adoptada neste Consello extraordinario para o ámbito agrario suma máis de 784 millones de euros. Desde o inicio do ano hidrolóxico, o 1 de outubro de 2022 ata esta mesma semana, o valor medio das precipitación en España foi dun 27,5 % inferior ao promedio deste período, unha realidade que impacta de cheo o sector agropecuario español.
O Goberno asegura que estas medidas son froito do diálogo coas comunidades, pero descarta convocar unha conferencia de presidente como reclaman algunhas autonomías. Para a voceira do executivo, Isabel Rodríguez, "poida que un período electoral non é o máis apropiado para realizar este tipo de encontros".
O ministro do ramo, Luis Planas, descarta que a subministración de alimentos estea en risco.
Temos os nosos agricultores e gandeiros que nunca nos fallan e a un Goberno de España que tampouco lles falla a eles, polo tanto, de apocalipse, de colapso, nada de nada", declarou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación na rolda de prensa posterior a este Consello de Ministros extraordinario.
Reaccións políticas ao paquete de medidas
O paquete de medidas aprobado non convence unha parte da coalición, a Unidas Podemos. Cren que é insuficiente e pouco ambicioso. A Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais, teríalle gustado que este real decreto fose "un verdadeiro escudo climático". O seu ministerio propuxo medidas adicionais que non foron incluídas finalmente. Aínda así, pensa que, "máis cedo que tarde, como son de sentido común, van caer polo seu propio peso".
Dende o PP critican a tardanza e o oportunismo deste decreto. Para Alberto Núñez Feijóo, "o campo merece un respecto e que non se acorde del no arranque de campaña, senón que sexa un compromiso permante durante todos os anos dun goberno".
O líder dos populares reclama, ademais un pacto de Estado da auga, demanda en que coincide o líder da patronal. Segundo Antonio Garamendi, presidente da CEOE, "hai que sentar e falalo de verdade, quitando a política do medio".
784 millóns para apoiar o sector agrario
As axudas directas do Estado por valor de 636 millóns de euros á gandeiría, agricultura e apicultura "despregan un conxunto de 10 medidas por un importe de 784 millóns de euros que teñen por obxecto principal asegurar a continuidade produtiva do noso sector primario na produción alimentaria" segundo explicou o ministro Luis Planas.
• O Goberno abre outra axuda directa de 355 millóns ao sector gandeiro sendo un dos máis afectados, así o avaliamos o Ministerio, as CC.AA e as asociacións agrarias "porque as medidas nacen do diálogo" segundo argumentou o ministro de Agricultura e Pesca.
• O sector da apicultura tamén terá axudas directas por un importe de 5 millóns de euros, porque a seca afecta á produción de mel en España pero tamén á biodiversidade ou á polinización.
• Aprazamento do pago das cotas sociais durante cinco meses a máis de 730.000 traballadores e a prórroga na redución de peonadas para acceder ao subsidio de desemprego agrario, para poder cobralo con 10 peonadas.
• Tamén haberá máis axudas para contratar seguros agrarios contra a seca aportando para este eido máis de 40 millóns de euros.
"Decidimos complementar ata un 70%, o máximo legal posible segundo a normativa da UE, o financiamento das pólizas de seguro que teñen coberturas en materia de seca e con carácter inmediato" contou Luis Planas, ministro de Agricultura.
• En materia fiscal hai 53 millóns de euros para que gandeiros e agricultores de 270.000 explotacións soliciten a final de ano a devolución do IBI.
• Exención do IRPF e Sociedades polas axudas da PAC.
• Flexibilización da nova PAC e ampliación ata o 30 de xuño das solicitudes de axuda.
• Ampliación da liña de créditos de bonificación de intereses ICO-MAPA-SAECA.
Investimento en infraestruturas hidraúlicas
O goberno destinará 700 millóns de euros en actuacións prioritarias nas concas máis castigadas para mellorar os recursos hídricos.
"Queremos completar o marco regulatorio que nos permita reutilizar as augas para adaptalo ás normas europeas. O volume pasará do 10% actual das augas urbanas reutilizadas en España ao 20% no ano 2027" explicou a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.
As medidas representan 1.400 millóns de euros do Ministerio de Transición Ecolóxica. As actuacións de execución inmediata contan con 35,5 millóns de euros para garantir o subministro de auga no verán.
• Rebaixa de cánons. 57 millóns de euros en exención de ata o 100% do pago do canon de regulación e a tarifa de regulación da auga.
• Máis investimento. Uns 36 millones de euros serán destinados a obras hidráulicas como estacións de bombeo ou melloras nos encoros.
• No tocante á proteción de Doñana aprobase a declaración de interese xeral do Estado, a substitución en Matalascañas de bombeos de auga subterránea por outros superficiais e quedan autorizados os trasvases ao río Guadalquivir.
• No tema dos acuíferos sostibles, o Goberno autoriza un acordo de 610 millóns de euros con Acuamed para activar a condución Júcar-Vinalopó e substituir o uso de augas subterráneas por desaladoras.
"O que se aprobou nos plans hidrolóxicos para o período 2023- 2027 foron 22 mil millóns de euros polo que o de hoxe é unha consolidación de medidas da emerxencia climática coa que iniciamos a lexislatura" segundo explicou a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira"