Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aprobará a suba salarial para os empregados públicos antes dos presupostos

O Goberno aprobará a suba salarial para os empregados públicos antes dos presupostos

Unha vez aprobada terá efectos retroactivos desde o pasado 1 de xaneiro

G24.gal 12/03/2024 16:21

A subida salarial do 2 % pactada para 2024 para os empregados públicos tramitarase no proxecto de lei de medidas para combater os efectos da guerra en Ucraína, sen esperar á aprobación dos orzamentos xerais do Estado.

Segundo sinalou este martes na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros o titular para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá, a subida, pactada no acordo marco a tres anos selado entre Goberno e sindicatos, vai incorporarse como emenda na citada norma que xa se tramita no Congreso.

O acordo marco a tres anos selado entre Goberno e sindicatos establecía unha subida fixa do 2 % para 2024, á que podería sumarse un 0,5 % adicional en función da evolución da inflación.

A revalorización, que habitualmente se recolle nos orzamentos xerais, seguía pendente de articular e, unha vez aprobada, terá efectos retroactivos desde o pasado 1 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade