O Goberno dá por feito o acordo sobre a lei de vivenda pero ERC e Pódemos négano
O Goberno dá por feito o acordo sobre a lei de vivenda pero ERC e Pódemos négano
A ministra de Facenda di que quedan poucos flocos por pechar
A líder de Podemos e ERC enfrían a euforia do executivo
O Goberno quere subir o tope ao alugueiro ao 3 por cento para 2024
Hai ou non acordo sobre a nova lei de vivenda? A pregunta, clara e directa, fixéronlla esta maña os xornalistas á ministra de Facenda no Congreso. María Jesús Montero deuno por feito, a falta de pechar algúns detalles. Pero as reaccións dos grupos cos que negocia o executivo non se fixeron agardar.
A líder de Podemos e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, escribía en Twitter que "por desgraza, hoxe non estamos máis preto dun acordo ca onte".
La ley de vivienda es muy urgente para nuestro país, pero sobre todo es urgente que sea una buena ley que incluya una regulación de alquileres efectiva y contribuya a ampliar el parque público de vivienda. Por desgracia hoy no estamos más cerca que ayer de un acuerdo.
— Ione Belarra (@ionebelarra) March 9, 2023
Na mesma dirección se pronunciaba o voceiro de ERC no Congreso, Gabriel Rufián. O líder republicano desmentía que o acordo sexa inminente e afeáballes aos socialistas que "se dedicaran a falar fóra das reunións" porque "sempre é unha mala cousa". Pero o Goberno insiste e a ministra de Economía, Nadia Calviño, di que "quedan moi poucas cousas por pechar".
Estea máis ou menos preto o acordo, as negociacións seguen, e o principal atranco está no tope dos alugueiros. Esquerra e Bildu queren fixalo no 3 % de maneira permanente. O Goberno propón un subir o tope ao 3 por cento para 2024. Pero para os anos vindeiros, queren definir un novo índice para revisar os contratos.
Os profesionais do sector, advirten que este tipo de intervencións non son efectivas. O presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, Benito Iglesias, non comparte esa solución para baixar os prezos. Di que calquera "intervención no libre mercado vai producir o efecto contrario" e engade que "a única maneira de reducir os prezos e facer que medre a oferta".
En Galicia, hoxe en día, o mercado do alugueiro sofre fortes tensións. Os prezos non paran de subir e a oferta redúcense mes a mes. Basilio Otero calcula que hai menos de 3 mil as vivendas de alugueiro dispoñibles na comunidade. A cifra é "claramente insuficiente" e unha das razón é que "moitos pisos que estaban no mercado de alugueiro tradicional pasaron ao mercado vacacional en busca dunha maior rendibilidade".
A vivenda xa comezou a costa abaixo. Os números vermellos instaláronse no sector no arranque do ano. En xaneiro picaron as vendas, as sinaturas de hipotecas e os prezos. Non foi unha sorpresa. O ano pasado rematou coa maior suba da venda de vivenda desde a crise inmobiliaria, pero o último trimestre xa deixaba prever un cambio de tendencia.
Os prezos comezan a moderarse, pero os expertos avisan que non debemos agardar un descenso brusco porque "hai moita xente en busca de casas e poucas casas dispoñibles". As entidades financeiras están a reducir o crédito hipotecario e o euríbor segue a súa particular escalada", pero, aquí en Galicia "máis da metade das operacións de compravenda de vivenda non necesitan crédito", segundo asegura o presidente de Fegein.