Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno flexibilizará a xubilación anticipada para traballadores con discapacidade

O Goberno flexibilizará a xubilación anticipada para traballadores con discapacidade

A medida aprobarase no Consello de Ministros deste martes

O presidente do Goberno confirmou que o dereito ao esquecemento oncolóxico vai estar vixente a partir do mes que vén

O secretario xeral do PSOE fixo o anuncio nun mitin en Vitoria
G24.gal 15/05/2023 20:32

O presidente do Goberno e líder do PSOE anunciou dúas medidas que se van poñer en marcha esta semana, unha para que os enfermos de cancro non teñan que renovar o carné de conducir cada tres anos e outra para que os discapacitados poidan acceder en cinco anos a unha pensión.

O primeiro anuncio é sobre os pacientes de cancro que sofren discriminación porque non existía o dereito ao esquecemento e tiñan dificultades para subscribir unha hipoteca ou asinar un seguro. O pasado sábado en Sevilla anunciou que en xullo será unha realidade este dereito ao esquecemento oncolóxico. Este luns engadía que vai eliminar a discriminación á hora de renovar o carné de conducir. Non terán que facelo cada tres anos, senón cada dez, coma o resto de condutores. Vaino facer realidade esta semana mediante unha orde ministerial que non necesita pasar polo Parlamento.

O segundo anuncio, que se vai aprobar este martes no Consello de Ministros, é adoptar unha recomendación do pacto de Toledo, en concreto, que as persoas con discapacidade igual ou superior ao 45 por cento, que teñen actualmente un período obrigatorio de cotización de 15 anos coa discapacidade para poder solicitar a xubilación anticipada, só teñan que cotizar cinco. Ademais, na lexislación actual esíxese que para obter este recoñecemento do 45 % sexa cunha soa patoloxía. O Goberno vai permitir que non sexa só unha patoloxía, senón que sexan todas as doenzas que teña o traballador as que se poidan sumar para chegar a ese 45 %.

Tras estes anuncios, o presidente centrouse nos bos datos económicos, despois de que a Comisión Europea adiantara que este vai ser o terceiro ano consecutivo en que España vai liderar o crecemento das principais economías da zona euro, "cunha taxa de emprego que non tivemos en quince anos e cunha das inflacións máis baixas de Europa", resaltou.

"Que ten que dicir o PP ante esta realidade económica e de emprego?, a ETA. Que ten que dicir a dereita sobre a reforma laboral que trouxo mellor emprego?, a  ETA. Que ten que dicir a dereita cando revalorizamos as pensións e reconstruímos o pacto de Toledo?, a ETA", subliñou Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade