O Goberno pacta con Bildu subir as pensións non contributivas un 15 %
O Goberno pacta con Bildu subir as pensións non contributivas un 15 %
A cambio, a formación abertzale non obstaculizou o proxecto de lei de promoción de plans de pensións que o Executivo salvou grazas á abstencións de EH Bildu e o apoio do PNV
O Goberno pactou con EH-Bildu subir un 15 % as pensións non contributivas, de viuvez, orfandade ou invalidez, e unha garantía para impedir que o novo fondo público de pensións financie con fondos da Seguridade Social, a cambio da súa abstención nesta norma.
Así o anunciou esta formación a través dun comunicado, instantes antes da votación deste proxecto de lei na Comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Congreso este xoves.
O acordo contempla que a suba do 15 % se inclúa no próximo decreto lei para prorrogar as medidas de resposta económica á crise provocada pola guerra en Ucraína ata o 31 de decembro de 2022.
Segundo os cálculos trasladados por esta formación, as persoas que cobran este tipo de pensións verán incrementada a súa prestación entre 60 euros e 100 euros cada mes. Esta proposta era unha das reivindicacións que Bildu fixo chegar ao Goberno na negociación para ampliar o alcance do decreto anticrise.
Así mesmo, Bildu asegura que "nin un só euro da Seguridade Social sexa destinado ao fondo de pensións, evitando así a descapitalización da Seguridade Social e blindando as pensións públicas e a súa sustentabilidade".
O Goberno salvou o proxecto de lei de promoción de plans de pensións grazas ao apoio do PNV e á abstención de Bildu. O proxecto que incorporou 40 emendas no seu paso pola Comisión, pasa ao pleno do Congreso a próxima semana.