Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno prevé iniciar en abril as obras da circunvalación norte de Ourense

O Goberno prevé iniciar en abril as obras da circunvalación norte de Ourense

G24.gal 27/12/2021 14:14

O Goberno central prevé comezar as obras da circunvalación norte de Ourense en abril do ano que vén.

O primeiro treito de 1,7 quilómetros, entre Eirasvedras e Quintela, xa foi licitado e está pendente de adxudicación.

Presentáronse 17 propostas para levar a cabo os traballos, que contan cun orzamento de máis de 28 millóns de euros e que inclúe a construción dun viaduto, unha ponte e dous pasos inferiores.

Un proxecto que sufriu numerosos atrasos e que permitiría mellorar a mobilidade na cidade das Burgas e potenciar as ribeiras do Miño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade