O Goberno vai aprobar unha suba do canon dixital
O Goberno vai aprobar unha suba do canon dixital
A suba aplicarase na maioría dos dispositivos electrónicos
Coa actualización das tarifas o imposto aos smartphones triplícase
"Xa hai moito que non descargo nada", conta unha rapaza.
"Tamén é máis difícil piratear", apunta outra.
A descarga ilegal de contidos suxeitos a dereitos de autor descendeu un oito por cento.
"Antes usaba e-MJule, usaba outras plataformas para descargar, pois iso, MP3, películas piratas...", continúa.
Agora os contidos non se almacenan como antes porque os temos dispoñibles nas plataformas en streaming.
"Entón agora realmente o que é almacenaxe e descarga, desapareceu", explica Gerardo Fernández, administrador de Galibyte Informática.
Por iso sorprende a suba do canon dixital, o imposto creado no 2017 para loitar precisamente contra a piratería. A actualización de tarifas que o Goberno vai realizar ao longo deste mes vai afectar sobre todo os smartphones. O imposto sobe para eles dun euro a tres. Pola contra baixa uns céntimos nas impresoras.
"Non vai a ter moita incidencia porque é un produto que practicamente non se está xa consumindo. Hoxe todo é dixital e non se está imprimindo practicamente nada".
Baixa tamén nos ordenadores.
"Se baixa o prezo do canon dixital nun ordenador de 5,45 a 5,32 que é unha miseria, en cambio dispositivos externos como son discos duros que xa só se están utilizando como sistemas de copia de seguridade seguen pagando un canon moi abusivo como é 6,45 máis IVE", comenta Gerardo.
O canon dixital leva recadados máis de 200 millóns de euros dende que entrou en vigor. Os principais afectados son os consumidores.