Ourense é a segunda cidade española co servizo de taxi máis caro
Ourense é a segunda cidade española co servizo de taxi máis caro
O informe da asociación de consumidores realizárono en 57 cidades españolas
Lugo queda como a cuarta máis cara nesta listaxe, encabezada por Donosti
Ourense é a segunda cidade española cos taxis máis caros, segundo un estudo da asociación de consumidores Facua. Só a supera Donosti. Isto débese á gran suba que aplicou en 2023, o que a levara á primeira posición da listaxe dese ano.
Os usuarios confírmano.
"Da praza de San Lázaro á estación de bus, cobroume 8,50 euros. Paréceme esaxerado"
"Sempre pensei que era caro. Cólloo moitas veces, sobre todo pola noite, e si, é caro"
Rematado en abril, o estudo comparou as tarifas para os traxectos dun, cinco e dez quilómetros en horario diurno, nocturno e nocturno de fn de semana, en 57 capitais de provincia e cidades grandes. A diferenza entre tarifas nas distancias curtas, pode ser o dobre, pero chegan a alcanzar diferenzas do 328% dunha cidade a outra. A maioría das máis caras están na metade norte da península.
"Eu son de Vigo, e paréceme que é case igual o tema do taxi"
"Sorpréndeme que estea máis caro que Madrid"
Agás Lugo, que queda como a cuarta cidade máis cara de España, o resto das cidades galegas saen algo mellor paradas. Santiago está no posto 17, Vigo no 35, Pontevedra no 39 e A Coruña no 40. As Palmas de Gran Canaria e Ceuta é onde encontraremos o servizo de taxi máis barato do Estado.