O grande impacto dos visitantes resucita o debate da taxa turística en Santiago
O grande impacto dos visitantes resucita o debate da taxa turística en Santiago
O Concello da cidade afirma que deberían repensar esta posibilidade
Os hostaleiros de Compostela estarían de acordo no caso de que se fomente a desestacionalización do turismo
A gran presión turística que sufriu Santiago de Compostela durante os meses de xullo e agosto reviviu o vello debate sobre a imposición dunha taxa aos visitantes. Un imposto que se cobra xa noutras partes de España. En Cataluña e nas Baleares cobran unha media dun euro e medio por pernoctación, que redunda na mellora dos servizos para os cidadáns.
Os veciños da zona histórica de Santiago reclaman dende hai anos que o Concello atenda as súas necesidades e que se evite que isto se converta nun parque temático sen vida veciñal.
A grandísima afluencia de xente durante as últimas semanas puxo de manifesto que os turistas tal vez deberían colaborar cos gastos de mantemento da cidade mentres que os hostaleiros danlle o visto e prace a este imposto sempre e cando se use para desestacionalizar o turismo, como asegura o presidente da Asociación de Hostaleiros de Santiago de Compostela, Thor Rodríguez.