Cargando resultados...
O Grupo galego Zendal é un dos tres elixidos pola UE para fabricar futuras vacinas
O Grupo galego Zendal é un dos tres elixidos pola UE para fabricar futuras vacinas
A empresa con base no Porriño presentouse ao concurso en alianza coa compañía farmacéutica Reig Jofre de Cataluña
G24.gal
30/06/2023 21:26
Última actualización 30/06/2023 21:43
O Grupo galego Zendal é un dos tres elixidos por Bruxelas para fabricar vacinas en futuras pandemias. A empresa con base no Porriño presentouse ao concurso en alianza coa compañía farmacéutica Reig Jofre de Cataluña.
Segundo o acordo alcanzado, Zendal encargarase de fabricar o antíxeno das vacinas mentres que a catalá se ocupará da formulación e do envasado.
Durante a pasada pandemia, a compañía galega elaborou o antíxeno da vacina contra a COVID-19 desenvolvida pola estadounidense Novavax.