O hidróxeno verde marca un reto tecnolóxico e oportunidades laborais na industria

Galicia impulsa dous proxectos declarados estratéxicos para a transición enerxética

G24.gal 28/11/2023 14:55

Cunha capacidade de xeración de enerxía renovable das máis importantes de España e uns portos estratéxicos, Galicia abre camiño nunha das fontes enerxéticas de futuro.

"O hidróxeno vai ter un papel fundamental en industrias de difícil descarbonización. Tamén no transporte pesado", di Fernando Val, director xeral de Energylab.

O reto neste momento está na tecnoloxía. Producir hidróxeno verde ten un custo elevado, pero os centros tecnolóxicos están dando resposta ás necesidades da industria.

"Que xere unha aplicación práctica da investigación de calidade que se está a facer nas tres universidades galegas e nos centros tecnolóxicos. Parte do futuro de Galicia está unido ao desenvolvemento do hidróxeno", asegura Fernando de Llano, director da Cátedra Greenalia-UDC.

Hai dous proxectos industriais declarados estratéxicos por parte da administración autonómica. Son os de Reganosa nas Pontes e o de Naturgy e Repsol en Meirama. Novas oportunidades laborais dentro do proceso de transición enerxética.

"Temos unha industria preparada. Vai haber postos de traballo tanto no que son as plantas como en todo a cadea de valor", di Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria.

"Temos unha posibilidade seria de que en Galicia se abra un nicho de emprego. E para iso necesitamos  convencer aos mozos de que se formen", asegura Fernando de Llano, director da Cátedra Greenalia-UDC.

A Unión Europea destina preto de 1.500 millóns de euros a proxectos de hidróxeno verde en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade