Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home desaparecido en Culleredo estaría pendente de ingresar en prisión

O home desaparecido en Culleredo estaría pendente de ingresar en prisión

A Policía Xudicial mantén abertas todas as liñas de investigacións

G24.gal 13/05/2023 21:04 Última actualización 13/05/2023 21:09

A Policía Xudicial continúa buscando a Javier Iglesias Otero con todas as liñas de investigación abertas. A principal é que alguén acudiu á súa casa o día cinco e que nese escenario se produciu unha liorta. Os axentes encontraron sangue en varias estancias da vivenda, situada na parroquia de Orro, e evidencias de que intentaran limpala. Tamén atoparon un cartucho de bala baleiro que agora analiza a área de balística. Fontes próximas á investigación precisaron que o home era afeccionado ás armas e que os restos do proxectil poderían non estar relacionados coa súa desaparición.

O roubo ou o axuste de contas son dúas das hipóteses que hai sobre a mesa, xa que o desaparecido se relacionaba con persoas de longo historial delituoso, pero aínda hai moitos interrogantes sen resposta e un dato que transcendeu nas últimas horas que abre a porta a outras teorías: Javier Iglesias Otero, de cincuenta anos, ten varias causas pendentes coa xustiza polas que estaría próximo a ingresar no cárcere. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade