Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home que agrediu a parella nun directo de TikTok irá a xuízo o 21 de febreiro

O home que agrediu a parella nun directo de TikTok irá a xuízo o 21 de febreiro

O acusado acolleuse ao seu dereito a non declarar e a vítima non quixo presentar denuncia

A muller xustificou a labazada e noutro vídeo recoñeceu que "só" lle deu dúas malleiras

A parella ten un fillo de dous anos e a muller pediu que non o separen do pai

G24.gal 01/02/2023 16:22 Última actualización 01/02/2023 17:23

O home detido por agredir a muller nun directo en TikTok será xulgado o 21 de febreiro no xulgado do Penal número 1 de Soria.

Este martes celebrouse un xuízo rápido no que a fiscalía pediu un ano de prisión por un delito de malos tratos e a privación do permiso para portar armas durante tres anos, ademais da prohibición de achegarse e comunicarse á vítima durante o mesmo período de tempo.

No vídeo, que desde o pasado sábado se fixo viral nas redes sociais, pódese ver como unha usuaria recibe unha forte labazada mentres estaba conversando en directo xunto a tres mozos.

Tras a agresión, a vítima manifestou que a golpeaba o seu pai, aínda que nun directo posterior explicou que era a súa parella quen a golpeara. Nun vídeo posterior a moza dixo que o home non a maltrataba e que "só" lle dera dúas malleiras. Vítima e agresor chegan a aparecer xuntos nun terceiro vídeo no que din que todo foi unha montaxe para gañar diñeiro. Algo no que discrepan outros participantes do directo dicindo que nesas retransmisións non se fan cartos.

Vítima e agresor acudiron á policía para denunciar que, por mor dese vídeo e polo alcance que estaba a ter, estaban a recibir moitas ameazas e insultos. Foi nese momento cando a policía o arrestou.

O Xulgado deu un prazo de tres días ao seu avogado para que presente escrito de defensa perante o xulgado do Penal, que agora asume a competencia para celebrar o xuízo.

Na vista deste mércores, o acusado acolleuse ao seu dereito a non declarar, unha opción que tamén elixiu a vítima, quen ademais renunciou a calquera medida de protección, a contar con asistencia letrada e a ser recoñecida polo médico forense.

A Fiscalía reclamou, como medida cautelar ata a celebración do xuízo, unha orde de protección, solicitude que o xulgado denegou.

Argumentou neste sentido que "cos datos dispoñibles ata o de agora non se aprecia que concorra unha situación obxectiva de risco" para ela e que "desde que sucederon os feitos (hai catro días) o matrimonio seguiu convivindo".

O xuíz expuxo que o investigado carece de antecedentes penais e que a muller non formulou denuncia contra o seu marido. Engadiu que, na declaración deste mércores como prexudicada, pediu que non a separen del e que tampouco separen ao seu fillo de 2 anos do seu pai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade