Cargando resultados...
O impacto dun raio rebentou o asfalto dunha estrada en Neda
Aconteceu a escasos metros dun núcleo de vivendas
Non houbo máis danos que os rexistrados no firme
G24.gal
27/10/2022 14:01
Ferrolterra foi unha das comarcas onde máis se deixaron sentir as treboadas da pasada noite. En Neda, un raio rebentou o asfalto dunha estrada que atravesa a aldea de Forxá.
Aconteceu minutos antes das nove da noite. Un dos veciños das casas máis próximas decatouse do acontecido e chamou ao 112, que á súa vez alertou a Protección Civil.
Unha forte treboada que deixou tremendo algún veciño. E ata din que quedaron ás escuras, malia que por pouco tempo.
Á espera de ser arranxado, Protección Civil de Neda sinalizou a fochanca para evitar accidentes, porque a estrada segue aberta ao tráfico.