Cargando resultados...
O incendio dun televisor obriga a desaloxar 60 persoas dun hotel de Tui
O incendio dun televisor obriga a desaloxar 60 persoas dun hotel de Tui
Tras chamaren os servizos de emerxencia, foron os propios hóspedes os que sufocaron as lapas cos extintores
G24.gal
24/07/2023 11:44
O incendio orixinouse contra as 5 da mañá na televisión da cafetería do hotel Alfonso I en Tui. Tras chamaren polos servizos de emerxencia, foron os propios hóspedes os que sufocaron as lapas cos extintores.
A fumareda estendeuse por todos os andares do inmoble, e daquela foi preciso desaloxar todos os clientes.
Tras o susto inicial, os bombeiros procederon a ventilar as zonas máis afectadas polo fume, aínda que ningún hóspede tivo que recibir atención médica.
Pasadas as sete da mañá todos puideron regresar aos seus cuartos.