Un incendio obriga a desaloxar máis de 2.000 veciños de Benahavís e Júzcar, en Málaga
Xa van máis de 2.150 hectáreas queimadas e o lume segue avanzando
A UME incorporouse á difícil extinción do incendio por mor do forte vento
Máis de 2.150 hectáreas xa se queimaron no incendio que se iniciou en Pujerra, Málaga, e na zona de Sierra Bermeja. Afecta tamén aos municipios de Júzcar e Benahavís e máis de 2.000 persoas xa foron desaloxadas en diferentes lugares da provincia
Tres bombeiros forestais sufriron queimaduras traballando nos labores de extinción. Entre as zonas desaloxadas de forma preventiva está a poboación malagueña de Benahavís e tres urbanizacións: Montemayor, Banahavís Hill e Marbella club.
Efectivos de emerxencias tamén están axudando os veciños a desaloxar algunhas casas diseminadas na zona de Velerín alto, en Estepona, segundo informa o 112.
📌 #IFPujerra #Actualización Desalojadas 6 viviendas de un núcleo de diseminados de la zona de Velerín alto en #Estepona
— Emergencias 112 (@E112Andalucia) June 9, 2022
➡️ En total son unas 2.000 las personas desalojadas de los cinco puntos evacuados pic.twitter.com/e0t85KWyu8
Os veciños están a abandonar as súas casas e estanse subindo a autobuses, desprázanse en vehículos particulares ou en taxis e estanse pechando establecementos amais de coa axuda da Policía Local e Protección Civil.
Declarouse o nivel 2 do plan de emerxencias. A tarefa non cesa e case mil persoas traballan na coordinación e na extinción do incendio, xunto ao traballo dos compañeiros de terra, técnicos da Unidade de Sistema en Emerxencias están a sobrevoar o perímetro con drons para dar apoio nas tarefas de seguimento na súa evolución, segundo informou Infoca.
#AMPLIACIÓN 📢Casi 1.000 efectivos trabajarán hoy en labores de extinción y coordinación del #IFPujerra @Plan_INFOCA @AndaluciaJunta @MalagaJunta
— Emergencias 112 (@E112Andalucia) June 9, 2022
📲Para más info pincha en nuestro canal 👇https://t.co/X8Oc8K1e9S
En terra, un total de 162 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) xunto a unha trintena de vehículos despregáronse na zona, en que o lume evolucionou de forma negativa debido ao forte vento que azoutaba o lugar do incendio, que se iniciou na paraxe La Resinera, en Pujerra, o corazón de Sierra Bermeja.
Durante la noche se han ido incorporando los medios de @UMEgob al despliegue del #IFPujerra que ya en la jornada de hoy contará con:
— Emergencias 112 (@E112Andalucia) June 9, 2022
▪️233 👤
▪️94 medios
▪️2 🚁 (al amanecer) pic.twitter.com/R2uRgQU5Ph
Para a atención dos evacuados habilitouse, xa de noite a Carpa Municipal de San Pedro de Alcántara. Neste punto a Cruz Vermella ha despregado material de primeira necesidade, aseo e alimentos para unhas 500 persoas; aínda que só 37 chegaron a pernoitar neste punto, o resto marchou a vivendas de familiares e establecementos hostaleiros da zona.
Desde @CRE_Emergencias se ha desplegado a petición de @E112Andalucia, en la Carpa Municipal de San Pedro de Alcántara, material de primera necesidad hasta para 500 personas por si fuera necesario su uso #IFPujerra. pic.twitter.com/e1iKnLR0U2
— Emergencias 112 (@E112Andalucia) June 9, 2022