Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Intecmar convértese no laboratorio de referencia nacional de biotoxinas mariñas

O Intecmar convértese no laboratorio de referencia nacional de biotoxinas mariñas

O Estado recoñece o traballo deste centro especializado no control de moluscos bivalvos

G24.gal 26/11/2021 15:04

O Intecmar é xa o novo centro de referencia de biotoxinas mariñas de España. A designación pon de manifesto a relevancia dun laboratorio con tres décadas de experiencia no control sanitario de moluscos.

"É un día importante, evidénciase o traballo técnico e a seriedade das nosas analíticas", di Rosa Quintana, conselleira do Mar, na visita ás instalacións. "Quedamos en boas mans sinalando o Intecmar e a consellería como centro de referencia nacional", sinala o secretario xeral do Ministerio de Consumo, Rafael Escudero.

O centro pasará a coordinar o traballo dos laboratorios oficiais de España sen descoidar a súa principal función, a de garantir a seguridade alimentaria dos bilvalvos das rías galegas.

"Facemos más de 10.000 analíticas de biotixinas cada ano, máis de 90.000 de fitoplancton e emitimos máis de 600 resolucións de apertura e peche de zonas de produción", explica a directora do laboratorio, Covadonga Salgado.

A sanidade dos moluscos, a observación do océano e a loita contra a contaminación mariña completan o traballo deste centro de prestixio internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar