Publicador de contidos
Publicador de contidos

O líder do PSdeG pide na Mariña medidas para protexer o sector pesqueiro galego

O líder do PSdeG pide na Mariña medidas para protexer o sector pesqueiro galego

Pediu unha maior implicación da Xunta para garantir a supervivencia da pesca

G24.gal 04/02/2022 15:01

Valentín González Formoso reuniuse con representantes do sector pesqueiro na Mariña. Destacou que unhas 1.200 persoas traballan enroladas en buques de Celeiro e Burela, e pediu unha maior implicación da Xunta para garantir a supervivencia da pesca.

O secretario xeral do PSdeG propón reducir a carga administrativa e simplificar o proceso de formación náutico-pesqueira: "É un sector moi querido, hai que protexelo, escoitar o sector é prioritario. Demanda reducir a carga administrativa, máis implicación da Xunta de Galicia e capacidade de facer atractivo enrolarse nun barco galego".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade