Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lixo continúa amoreándose nas rúas da Coruña

O lixo continúa amoreándose nas rúas da Coruña

Os traballadores da concesionaria rexeitaron un preacordo para reorganizar as quendas

G24.gal 11/02/2024 14:27 Última actualización 11/02/2024 14:38

Desde hai un par der semanas as rúas da Coruña ofrecen unha imaxe que, máis aló do estético, preocupa por insalubre. O lixo reborda os colectores e amoréase nas rúas de maioría dos barrios. Todo por un conflito entre os traballadores e a empresa concesionaria do servizo que non ten visos de solución inmediata.

A empresa PREZERO e o sindicato maioritario, investigado xudicialmente por delitos de corrupción, branqueo de capitais e estafa, manteñen aberta unha disputa pola organización das quendas e a actualización salarial. Non hai unha folga convocada oficialmente como tal, pero desde que empezou febreiro o servizo de retirada do lixo está moi lonxe de cumprir cos mínimos recollidos no contrato.

O Concello advertiu que tomará medidas se a situación non se corrixe. Nas últimas horas, os traballadores votaron en contra dun preacordo para poñer fin a esta folga encuberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade