Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lixo segue nas rúas da Coruña

O lixo segue nas rúas da Coruña

Os traballadores continuarán a folga mentres a concesionaria da limpeza non ofreza un acordo

 

G24.gal 13/07/2024 14:48

O conflito do lixo na cidade da Coruña está a piques de cumprir a súa terceira semana sen visos polo momento de solucionarse. Moitas rúas seguen cheas de refugallo, inmundicia e sucidade, aínda que a situación varía co tempo dependendo da actuación descontinua dos operarios da limpeza. 

Segundo os representantes dos traballadores, ofrecéuselle á empresa desconvocar a folga e iniciar a negociación dun novo convenio colectivo, mais a concesionaria condicionouno á aprobación polo concello herculino, afirmaron. Deste xeito manteñen os paros.

"Isto é doado. Un por cento que nos corresponde por convenio, recontratación de dous traballadores, xa non de tres, que tiñan unha antigüidade de case catro anos, eventuais, e que non foron recontratados por denunciar o seu dereito de antigüidade; cursos de formación e que cumpran os pregos. Os cidadáns pagan uns cartos? Si. O concello págalle a empresa o que lle ten que pagar? Si. A empresa saca os camións que ten que sacar? Non", denuncia Alfonso Seijo, voceiro e membro do comité de empresa.

Para comezos desta semana hai prevista unha nova xuntanza entre concesionaria e representantes dos traballadores. Mentres veciños e comercios conviven indignados coas rúas transformadas en vertedoiros o aire libre.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade