Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lobo mata catorce ovellas e malfere outras cinco en Barreiros

O lobo mata catorce ovellas e malfere outras cinco en Barreiros

O ataque produciuse en Reinante, a un quilómetro da praia de Arealonga

A mesma explotación xa perdeu 60 cabezas de gando, valoradas nuns 12.000 euros

Félix Aragunde 20/12/2022 14:02

Ata catorce ovellas apareceron mortas en Reinante, no concello de Barreiros, cunhas perdas que se achegan aos 3.000 euros. No ataque, atribuído ao lobo e rexistrado a un quilómetro do mar, resultaron feridas outras cinco cabezas de gando.

Saray Rocha, filla da titular da explotación: "Dúas estaban comidas, e o resto, mortas, mordidas no pescozo. Matounas por pracer. Aquí había máis de 70 ovellas, e acabamos encontrando catorce animais mortos, cinco no río".

Dende a pasada primavera, a mesma explotación leva sufrindo unha media de dous ataques do lobo ao mes. Entre cabras e ovellas, xa perderon unhas 60 cabezas de gando, valoradas nuns 12.000 euros.

Mario Oural, marido da titular da explotación: "Temos que cerrar. Tiñamos sobre 200 cabezas en ovino e 50 en caprino, e quedan oito cabras de toda a cabana. E os custos para repoñer son moi elevados".

Saray Rocha, filla da titular da explotación: "Ao principio dábannolos como se fora un can asilvestrado, pero logo xa se puxeron máis serios os de Medio Ambiente e dixeron que probablemente fora o lobo. Pero isto non é zona do lobo, polo que algo se está facendo mal".

Ás perdas provocadas polos ataques súmanse os custos polo transporte dos animais mortos, que xa lle supuxeron á explotación un gasto de 1.200 euros.

Cinco das ovellas quedaron malferidas no ataque Cinco das ovellas quedaron malferidas no ataque
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade