Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lobo mata seis ovellas en Quintela de Leirado

O lobo mata seis ovellas en Quintela de Leirado

Os veciños aseguran ter visto ao lobo na aldea de Redemuíños en varias ocasións e están asustados

G24.gal 13/07/2023 13:56

Novo ataque dun lobo a un rabaño de ovellas. Desta vez foi no concello ourensán de Quintela de Leirado. Os veciños de Redemuíños aseguran que non é a primeira vez que o lobo baixa ata esta aldea de Quintela de Leirado.

Esta última fíxoo a plena luz do día. Segundo nos conta Milagros, a propietaria das ovellas, tiña neste prado pastando a oito, o lobo feriu gravemente seis que acabaron falecendo e só dúas se salvaron porque fuxiron para as casas.

O rabaño de Milagros estaba pastando neste prado moi preto da aldea. Deixou as oito ovellas cercadas para ir facer o xantar e cando volveu ao pouco, seis delas xa estaban moribundas.

As dúas ovellas que sobreviviron ao ataque están tan asustadas que hoxe nin saír da corte queren. Foi un veciño o que as viu fuxindo para aldea e chamou a dona dos animais. En Redemuíños teñen claro que foi un lobo o que lle provocou as feridas mortais as ovellas e din ter medo.

Milagros vai tramitar as axudas polo dano do lobo para poder mercar outras ovellas.
No veciño concello de Gomesende hai uns días quedaron feridas varias ovellas polo lobo e hai menos dun mes no Larouco catro ovellas e dous cordeiros, tamén moi preto das casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar