O lobo mata unha egua en Xove a escasos metros das casas
O lobo mata unha egua en Xove a escasos metros das casas
A besta, de seis anos, estaba valorada en máis de 1.500 euros
Devorada por completo, así apareceu unha egua que matou o lobo no concello de Xove. O ataque produciuse nun terreo do lugar de Ancil, moi preto das casas. A besta quedara atada a unha árbore, polo que non tivo escapatoria.
Esperanza Núñez, dona da egua: "Alí hai un matrimonio que ten unha nena pequena, sen ir máis lonxe. E a muller ten moito medo xa de saír coa nena, porque din que en calquera momento as atacan se teñen fame, e teñen medo".
A egua, de seis anos, estaba valorada en máis de 1.500 euros. Vénse sumar ao gando que levan perdido os seus donos como consecuencia dos ataques o lobo, que xa lle matou unha vaca, un castrón, varios xatos, sete ovellas ou catorce poldros.
Manuel Cabanas, dono da egua: "Alí mesmo pois matou sete ovellas. Matou catro nunha noite, quedaron tres, e noutra noite matounas. Estamos así, e como non nos defende ninguén, temos que aguantar".
O ataque produciuse nunha zona da Mariña especialmente castigada polos lobos.