Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo asina a súa peor serie sen gañar e a de toda Europa

O Lugo asina a súa peor serie sen gañar e a de toda Europa

O conxunto galego iniciou a serie que lle custou o descenso a Primeira Federación tras gañar ao Granada (1-0) no último partido de 2022

G24.gal 02/05/2023 15:24 Última actualización 02/05/2023 16:03

O Lugo, coa súa derrota ante o Sporting de Xixón (3-1), asinou a súa peor serie de partidos sen gañar na Liga SmartBank: dezasete; todos os de 2023, e, ademais, é a máis negativa, actualmente, nas dúas primeiras divisións de todo o fútbol europeo.

O conxunto galego iniciou a xeira que lle custou o descenso a Primeira Federación tras gañar ao Granada (1-0) no último partido de 2022. Desde entón non puido festexar nin un triunfo a pesar dos cambios de adestrador que se produciron neste tramo da tempada. Comezou 2023 con Fran Justo, que foi destituído tras catro derrotas seguidas, continuou con Joan Carrillo, que cultivou dous empates e perdeu tres partidos, e encomendouse a Íñigo Vélez, que leva oito encontros cun balance de catro empates e catro derrotas.

Ata o de agora, a peor serie do Lugo remontábase á tempada 2020/21, na que estivo dezaseis xornadas seguidas sen gañar, entre as xornadas 23 e a 38, xusto antes dun esprint final co que certificaron unha permanencia case milagrosa. Ese ano, os branquivermellos evitaron o descenso, pero esta vez iranse a Primeira Federación despois de once tempadas seguidas no fútbol de prata.

Nas dúas primeiras categorías do fútbol europeo ningún equipo leva tantas xornadas sen impoñerse xa que o Apollon Larissa retirouse da segunda división grega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade