Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo iguala a serie que levou o Deportivo fóra do fútbol profesional

O Lugo iguala a serie que levou o Deportivo fóra do fútbol profesional

O Lugo xa entrou no top 10 de peores series de partidos seguidos sen gañar

Foto @CDeportivoLugo Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 15/05/2023 16:47 Última actualización 15/05/2023 16:54

O Lugo asinou ante o Granada (2-0) o seu décimo noveno partido consecutivo sen gañar, unha das peores series da Liga SmartBank, igual que a que levou en 2020 o Deportivo lonxe do fútbol profesional.

O conxunto branco e vermello bateu semanas atrás a súa serie máis adversa sen conseguir a vitoria (16) e segue sen cortala. Se non lle pon remedio no que resta de tempada, o Lugo descenderá a Primeira Federación coa quinta peor serie da historia da categoría de prata. O récord teno o Sevilla Atlético, que estivo 28 encontros seguidos sen impoñerse na tempada 2008/09.

O Lugo xa entrou no top 10 de peores series de partidos seguidos sen gañar tras superar os 18 do Cádiz (1993/94) e o Pontevedra (2004/05).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade