O Lugo ten que mellorar a eficacia ofensiva para ter opcións de salvación
O Lugo ten que mellorar a eficacia ofensiva para ter opcións de salvación
Só leva un gol nos últimos cinco partidos
Íñigo Vélez de Mendizábal, adestrador do Lugo, advertiu da "rendibilidade" que saca o Oviedo, o seu próximo rival, aos goles que anota, xa que con só un máis a favor que os galegos lles saca 16 puntos na clasificación:
"O Oviedo saca moita rendibilidade aos seus goles e a nós é o que nos gustaría, tentar marcar algún gol e rendibilizar o traballo defensivo. Nese aspecto somos dous equipos parecidos".
O técnico leva cinco partidos no equipo e o seu balance é de catro empates e unha derrota, con só un tanto a favor, tres en contra e tres porterías a cero:
"Xeramos ocasións para levar máis dun gol, pero non os houbo. Hai que confiar en que nun momento dado esas oportunidades que non entraron van entrar", desexou.
O preparador vasco comentou que a súa "idea é ter máis balón, seguir mellorando en todos os aspectos e non ter a pelota por tela, senón para sentirse máis cómodos con ela".
Íñigo Vélez dixo que está centrado no presente e non no que pasará unha vez acabe a tempada:
"Vin cunha ilusión que manteño. Estou moi contento en Lugo a pesar da situación, contento co día a día, e fodido porque me gustaría sacar máis os xogadores máis alá de que competimos e non perdemos".