Cargando resultados...
O luns comeza a vacinación contra a covid e a gripe para maiores de 80 anos
O luns comeza a vacinación contra a covid e a gripe para maiores de 80 anos
Tamén comeza a vindeira semana a vacinación de bebés de 6 e 59 meses
G24.gal
14/10/2023 13:28
Última actualización 14/10/2023 13:56
A campaña de vacinación para maiores de 80 anos que non vivan en residencias comeza este luns. Preto de 215.000 persoas poderán poñer, cando as citen, a vacina da gripe e a da covid.
Esta franxa de idade inmunizarase nos centros de saúde de cabeceira. Tamén a partir do luns bota a andar a campaña de vacinación para bebés de 6 e 59 meses.
O seguinte grupo de idade, que vai dos 70 aos 80 anos, citarase a partir do 26 de outubro. Neste caso, a vacinación farase nos grandes recintos.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) agarda ter vacinada toda a poboación sensible que o desexe antes do mes de xaneiro.