Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mal tempo non frea o número de peregrinos, que pode ser o máis alto da historia

O mal tempo non frea o número de peregrinos, que pode ser o máis alto da historia

A chuvia e o frío demoran as horas de saída dos peregrinos

Agárdase superar o medio millón de viaxeiros ao final do ano

G24.gal 11/07/2024 13:15

Dende O Cebreiro ata Palas de Rei, a marea humana que percorre o camiño de Santiago vai medrando conforme avanza a mañá. As temperaturas baixas fan que os peregrinos saian máis tarde para evitar o frío das primeiras horas e aproveitar a temperatura suave do mediodía. A chuvia causa certas dificultades, pero de momento está sendo boa de levar, aínda que non se contase nin con ela nin co frío.

"Tivemos sorte porque só nos choveu pola tarde".

"Co frío camíñase mellor, aínda que custa ao principio".

"A chuvia aguántase e está a ser unha boa experiencia".

No que vai de ano xa se superaron os 210.000 peregrinos, 32.000 máis ca o ano pasado. E aínda están por vir as semanas de maior concentración de camiñantes, polo que a cifra final deste ano apunta a ser a máis elevada da serie histórica. Con todo, os peregrinos din non sentir aglomeracións e mesmo destacan a axuda e compaña que se prestan.

"Saímos dende Astorga, pero ao entrar en Galicia xa se nota moita xente".

"Moita xente, si. Hoxe non parece, pero haina".

"Moita xente e moito compañeirismo con todos".

Os Estados Unidos segue a ser o país estranxeiro que máis peregrinos achega, con case sete mil ata agora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade