Cargando resultados...
O mal tempo obrigou a suspender a procesión dos Caladiños na Coruña
O mal tempo obrigou a suspender a procesión dos Caladiños na Coruña
A Semana Santa despídese este domingo co desfile de Xesús Resucitado e Nosa Señora da Esperanza
G24.gal
30/03/2024 21:19
Última actualización 30/03/2024 21:27
Na Coruña, a chuvia impediu a saída da procesión dos Caladiños, que organiza a confraría de Nosa Señora da Soidade e do Santo Enterro.
Os fieis tiveron que conformarse con ver o paso no interior da igrexa da Orde Terceira. Da talla policromada da Virxe, de orixe italiana, sábese que xa procesionaba no ano 1674. A imaxe está vestida cun mantón rexional típico da alta burguesía galega de finais do século dezaoito, doado por unha devota.
Este foi o penúltimo acto da Semana Santa coruñesa, que se despide este domingo, se o tempo o permite, co desfile de Xesús Resucitado e Nosa Señora da Esperanza.