Publicador de contidos
Publicador de contidos

O manto de estrelas do ceo de Trevinca atrae os apaixoados das paisaxes

O manto de estrelas do ceo de Trevinca atrae os apaixoados das paisaxes

O observatorio capta numerosos visitantes ao primeiro destino Starlight de Galicia

G24.gal 25/03/2022 21:33

Desde que abriu as súas portas hai catro meses escasos, o observatorio astronómico da Veiga, en Trevinca, non para de recibir visitantes. O ceo de Trevinca, un dos espazos con menos contaminación lumínica da península, non deixa impasible a ninguén.

Podemos contemplalo a simple vista, pero tamén no observatorio astronómico que funciona, ademais, como espazo divulgativo. Nel podemos simular un voo espacial, navegando entre os planetas do sistema solar, ou comprobar a curvatura do espazo tempo cun sinxelo movemento de bólas.

Pero a xoia da coroa está nas cúpulas, desde onde dous potentes telescopios nos achegan a realidades moi afastadas. Contra os tópicos da Galicia chuviosa, o clima non soe dar problemas. E se está anubrado, aínda queda a opción do planetario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade