Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Marisquiño consolídase como engado turístico do verán en Vigo

O Marisquiño consolídase como engado turístico do verán en Vigo

Milleiros de persoas quedan na cidade ao rematar o festival de cultura urbana

Hostaleros e hoteleiros suxiren que a vindeira edición non coincida coa ponte do 15 de xullo

Edición histórica de asistencia e calidade deportiva despois do parón da pandemia

G24.gal 15/08/2022 20:26

Pouco ten que ver imaxe que ofrecían As Avenidas hoxe coa de hai 24 horas, con milleiros de deportistas e afeccionados dándoo todo no Marisquiño. Agora é o momento de recoller e facer balance e, á espera de datos oficiais, a organización e asociacións de hostaleiros falan xa dunha edición histórica en cifras de asistencia e ingresos para a cidade.

Logo da pandemia o festival volve ser o revulsivo turístico do verán en Vigo. Uns visitantes chilenos do festival amosaban a súa sorpresa: "Impresionante como se paraliza a cidade, como está todo cheo de enerxía, toda a xente... Nunca viñera este festival e pareceume que esta moi bo", e a súa compañeira engadía: "Pareceume xenial, moito nivel de skate, moita xente, debe ser o que trae mais turistas a cidade durante todo o ano, moi bo todo".

Esta edición as competicións repartíronse en tres espazos lonxe os uns dos outros. O Marisquiño gañou en seguridade e así se evitou o amoreamento de público. Os mais novos laiábanse de ter que triangular entre as avenidas, Samil e Vialia para non perder nada, e outros das incomodidades propias dun evento así: "Estaba todo Vigo cheo de xente  e mesmo tivemos que coller outras ruta para ir a casa porque estaba o das BMX por alí". "Víase moita xuventude, moi bo ambiente, estivemos por toda a zona de vinos e tamén esta todo moi bonito". "Moi bo, ademais a nivel internacional está estupendamente, e leva a cidade arriba. Esperemos que non moito, porque os galegos somos egoístas e quedamos un pouquiño para nós, porque claro, cando hai moito turismo da un pouco de medo, pero xa chega".

Comeza agora o traballo para a edición número 23 do Marisquiño, coa suxestión de hostaleiros e hoteleiros de que se adíe á terceira semana de agosto para evitar que coincida coa ponte festiva. Sexa cando sexa, deixará un ano mais imaxes inesquecibles, tanto deportivas coma extradeportivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade