Publicador de contidos
Publicador de contidos

O médico de Colmenar detido por maltratar os fillos segue traballando

O médico de Colmenar detido por maltratar os fillos segue traballando

Sanidade abriulle un expediente por subtracción de material sanitario no Hospital Gregorio Marañón

Ao pai da familia tamén o investigan por violencia de xénero
G24.gal 12/04/2023 08:20

Tanto el como a súa muller están acusados de manter os oito fillos en condicións insalubres e sometelos a violencia física e psicolóxica. O home tamén está acusado de maltratar a muller. En liberdade con cargos, segue traballando neste hospital madrileño mentres o xuíz non determine outra cousa, xa que os delitos que se lle imputan non afectan á actividade laboral. Ten aberto tamén un expediente por parte da Consellería de Sanidade, porque no rexistro da casa atopouse moito material sanitario e sospéitase que o puido subtraer do hospital no que traballa.

Os colexios aos que acudian os menores deron a voz de alarma. Tamén as sospeitas dun veciño puxeron en alerta as autoridades.

A familia apenas era coñecida. Si se sabia que os menores faltaban continuamente ao colexio, ausencias que xustificaba o pai pola súa condición de médico.

Incluso tentaron prender lume á casa. Os menores, de entre catro e catorce anos, presentaban síntomas de desnutrición. Agora están ingresados nun centro de primeira acollida da Comunidade de Madrid.

Os pais están acusados de delitos de maltrato contra os dereitos e deberes familiares e de obstrución á xustiza. Amais ao home tamén se lle atribúen cargos por violencia de xénero contra a súa muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade