Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mellor exame MIR de 2022 é dunha graduada na USC

O mellor exame MIR de 2022 é dunha graduada na USC

 De pai austríaco e nai galega, Sofía Haselgruber de Francisco só errou 18 preguntas

G24.gal 22/02/2022 21:17

O mellor exame de Médico Interno Residente 2022, o MIR, é o dunha graduada na Universidade de Santiago de Compostela. 

De pai austríaco e nai galega, Sofía Haselgruber de Francisco só errou 18 preguntas e contestou correctamente 182. Cos méritos académicos ten en total unha puntuación de máis de 103 puntos.

É case un punto e medio máis ca o número 1 do ano pasado. Antes de Sofía, a última muller en conseguir a máxima puntuación no MIR foi unha graduada da Universidade de Zaragoza no ano 2013.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade