Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mercado do Encanto chega por primeira vez a Galicia

O Mercado do Encanto chega por primeira vez a Galicia

O Hostal dos Reis Católicos acolle 25 postos de artesanía, produtos da terra, arte gráfica e moda 

Unha das doce firmas artesás galegas que participan no mercado
G24.gal 24/05/2024 21:27 Última actualización 24/05/2024 23:02

O hotel máis antigo de España muda esta fin de semana a trasfega de maletas de turistas polo de bolsas de compras de locais e foráneos coa instalación na planta baixa do Mercado do Encanto, unha pop up que naceu hai 9 anos nun grupo de mulleres emprendedoras en Madrid.

Tras 90 edicións, é a primeira vez que visita Galicia.

Este mercado ofrece produtos que non se encontran decote nas tendas. Aquí reuniu 25 deseñadores e artesáns de toda España, entre eles, artistas e emprendedores dos lugares que visitan, neste caso, doce galegos. Algúns son case debutantes no de mostrarse cara ao público como Mónica Cao, creadora de Mocao Artesanía, e Eva Fernández, de A Cova, mel e apicultura.

Outros xa veteranos que se alimentan desa relación persoal cos potenciais clientes como nos conta Pablo Martínez 'Orballo', artista gráfico.

A Sala de Arte e a Capela Real onde se instalou o mercado representan a mestura perfecta entre a historia, arte e tradición que reflicten tamén os produtos gourmet galegos presentes que sorprenden a máis dun. Por exemplo pasa cos produtos de porco celta de Cenporcel ou coas distintas marcas de pequenos produtores que expón Laura Abal no seu poxecto de lifestyle 'Rural o Urbano'.

A entrada é de balde ata as oito da tarde do domingo. Pero o Mercado do Encanto ha volver a Galicia a mediados de agosto. Daquela será na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade