Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mes de outubro dispara o prezo dos combustibles en Galicia

O mes de outubro dispara o prezo dos combustibles en Galicia

O gasóleo subiu quince céntimos o litro en só dúas semanas

G24.gal 16/10/2022 14:34 Última actualización 16/10/2022 18:21

No mes de xuño os carburantes acadaban os seus niveis máximos, co prezo da gasolina en 2,18 céntimos por litro e o gasóleo só seis céntimos máis barato.

En agosto as tarifas baixaron e estabilizáronse, pero dende setembro o prezo volveu subir e nas últimas dúas semanas o incremento foi constante.

Na gasolina, o mes de outubro comezou en 1,71 céntimos/litro e estes días chegou ata o 1,80, segundo os datos do xeoportal de carburantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Pero onde se está a notar máis a alza é no gasóleo, que subiu 15 céntimos o litro nas últimas dúas semanas.

Esta fin de semana moitas estacións de servizo presentaban nos seus paneis o prezo do gasóleo superando a barreira psicolóxica dos dous euros, aínda que dende abril cómpre aplicarlle o desconto pertinente de vinte céntimos por litro de combustible.

Tarifa do petróleo

As razóns da suba apuntan ao encarecemento da tarifa do petróleo, que nestes días aumentou ata un 15 %.

As asociacións de consumidores recomendan comparar os prezos en varias gasolineiras e aproveitar os máximos descontos posibles. Aínda así, para encher un depósito de gasóleo duns cincuenta e cinco litros fan falla cen euros, un 20 % máis que hai un ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar